Software Abalar


Software Abalar: Recursos do repositorio Abalar
Autor: Jesús Arribi Vilela




Manexo do bloc de notas: Xournal

Xournal é unha ferramenta moi parecida ao bloc de notas normal de Windows, que permite realizar debuxos e escribir cunha tableta gráfica ou o rato.
Podemos escribir de forma normal usando o teclado, ou empregar o noso rato / tableta gráfica para iso. Fagámolo como o fagamos, podemos elixir a cor do trazo e estruturar o noso texto ou debuxo por capas.
Tamén temos á nosa disposición algunhas ferramentas bastantes interesantes como a goma de borrar, imprescindible á hora de debuxar; ou o subrayador amarelo, moi útil á hora de tomar apuntamentos.


Aspecto Xournal

  •  Extensións preinstaladas en Firefox:


DOWNLOAD STATUSBAR


Esta extensión é unha barra de descargas que aparece na parte inferior do navegador cando estamos procedendo á descarga dun arquivo dende internet. É autoescamoteable, polo que permanece agochada cando non se utiliza.
Pódese descargar dende este enlace.
A barra ten versatilidade: pódense cambiar as cores ou minimizala.
Premendo co botón dereito nunha descarga, aparece un menú contextual con interesantes opcións, como abrir ou executar o arquivo descargado, ou amosar o cartafol onde se descargou o arquivo (para poder copialo ou movelo a outro cartafol).
Tamén pódese premer co botón dereito no espazo baleiro da barra, co que aparecerá un menú contextual diferente con outras opcións: cambiar ao modo "mini", detener todas as descargas, etc.
DOWNLOADHELPER

Esta extensión é extremadamente útil. Serve para descargar calquera contido multimedia que apareza na páxina web que teñamos aberta.
A propia icona avísanos de cantos arquivos multimedia podemos descargar dende esa web. Premendo na icona desprégase un menú no que elixiremos o arquivo a baixar.
Dende este enlace pódese descargar a extensión. Nestoutro podemos acceder a un breve manual en castelán.
SCREENSHOT


Esta extensión serve para facer capturas rápidas de pantalla.
Engade un botón na parte dereita superior do navegador. Premendo nel, aparece un menú a través do cal podemos capturar a parte visible da páxina ou ben a páxina completa, e decidir que facemos con ela (copiala ou ben subila á web).
Pódese descargar neste enlace.

AUDICITY. Grabación e edición de son.
LIBRE OFFICE


0 comentarios:

Publicar un comentario